ANACOS DO RURAL
Neste proxecto de recuperación e divulgación documental sobre o rural galego conflúen os esforzos e as vontades de institucións, individuos e colectivos que acreditamos na necesidade de coñecer o noso pasado para poder analizar o presente e afrontar conxuntamente os importantes desafíos e retos do mundo rural de hoxe e de mañá.
Esta edición multimedia, impulsada polo colectivo ACUDE Rural co asesoramento técnico de Arraianos Producións, que conta do apoio de AGADER e da Xunta de Galicia e a colaboración da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, así como dos enxeñeiros Jaume Lloveras e Juan Piñeiro entre outros colaboradores, é unha escolma única de textos, material fotográfico e cinematográfico sobre a Galicia rural, que se enmarca dentro dun ambicioso proxecto editorial e socializador, pioneiro en España, que quere contribuír á divulgación do patrimonio e, sobre todo, ao debate sobre o presente e futuro do mundo rural.
A VIDA LENTA
Esta exposición, creada a raíz do proxecto de Anacos do Rural, realizada por AFundación e comisariada por Arraianos Producións foi inaugurada o 9 de Marzo do 2021 convida a reflexionar sobre o pasado recente e o futuro das aldeas galegas. A VIDA LENTA estimula o debate sobre o ritmo de vida actual, a sostibilidade do medio, a nosa relación cos ciclos naturais ou o imaxinario do rural.