UN CAMIÑO DE HISTORIAS

Proxecto que pretende a recuperación da Historia das peregrinacións a Santiago de Compostela por medio da fotografía e das testemuñas de aqueles primeiros aventureiros e aventureiras, expertos do camiño, e comparalas coa visión das peregrinas e peregrinos e poboación local actuais. Esta iniciativa contempla a esencia da historia galega vinculada ao Camiño de Santiago, tan intimamente ligado á paisaxe, á cultura e á forma de entender a vida en Galicia. Pero tamén queremos saber que significa o Camiño de Santiago para a poboación local por onde este transcorre e ata que punto é ou pode ser un motor de desenvolvemento económico e cultural sostible para os pequenos concellos rurais.