Este proxecto cultural busca reforzar a conexión entre os pobos transfronteirizos de Galicia e Portugal. Unha experiencia que atravesa os montes e as chairas separadas por unha fronteira que non fixo máis que unir e que agora empregamos para pasar para un lado e para o outro o contrabando máis importante de todos, o do noso acervo cultural.